Puxémonos a investigar que tiñamos que facer.... pero non sabíamos nin que se podía plantar, nin cando, nin como.... A nosa trasniña Naia tivo unha idea. O seu papi, Julián, ten unha agraria. Podíamos preguntarlle a el os pasos que temos que seguir para ter e coidar o noso horto escolar.
No cole buscamos información e entre todos e todas pensamos en plantar Cenorias!!!! Fixemos a lista das cousas que tiñamos que mercar. Precisamos: as sementes, a terra e uns sementeiros.
Hoxe saímos do cole, tiñamos que atopar o cartel da agraria do papá de Naia.
Unha vez alí pedímoslle a Julián as tres cousiñas que tiñamos que mercar e o máis importante preguntámoslle cantos euros tiñamos que pagarlle.
Antes de marchar, Naia convidounos a todos e a todas unha bolsiña de larpeiradas que tomamos despois da merenda.
Despois no patio todos e todas xuntiños seguimos todos os pasos que Julián nos explicou: botamos terra no sementeiro, puxemos dúas sementes , enchemos ata arriba e pulverizamos con auga 4 veces ata que a terra quedou ben mollada.
Agora temos que lembrarnos de botarlle auga á terra e agardar a que as nosas sementes xermolen para transplantalas ao horto!!!
Queremos agradecer a Julián que nos recibiu na súa tenda e nos deu moi bos consellos. E tamén á ANPA do noso cole que fixo posible que o noso horto sexa unha realidade. GRAZAS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario