Amosando publicacións coa etiqueta actividades especiais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades especiais. Amosar todas as publicacións

13 de outubro de 2026

Miriam Ferradáns na nosa escola!

 Hoxe tivemos na escola unha visita moi especial, Miriam achegouse ás nosas aulas para convidarnos a imaxinar e crear!

Recibimos a Miriam e ela contounos que é escritora e que iamos facer entre todo o cole un traballo chulísimo de creación sobre os animais ocultos que temos en Bueu...

Convidounos a pensar en animais da nosa contorna e así saíron polbos, tartarugas, baleas, galiñas, coellos tiburóns....


Logo misturamos eses animais para crear animais imposibles


E por último debuxamos os animais que creamos





Miriam recolleu todas as nosas creacións e vainas levar ao cole dos maiores para que os nosos compañeiros e compañeiras creen a partir deles unha obra fantástica!

Estamos desexando ver o resultado!

Moitas grazas Miriam!



28 de abril de 2026

TRASNADAS, o noso programa de radio!

Os trasniños e trasniñas creamos o noso propio programa de radio. Foi unha experiencia creativa fantástica onde aprendemos moitas moitas cousas.

As profes estamos moi orgullosas destes trasniños e trasniñas agardamos que disfrutedes do programa...


Queredes saber como foi o proceso de creación do noso programa? mirade, mirade.....


15 de abril de 2026

Os trasniños e as trasniñas estamos de Noraboa!!

Hoxe na escola recibimos unha noticia que nos enche de ledicia e queremos compartila con vós.

Os trasniños e as trasniñas participamos nunha actividade proposta polo Parque Nacional Marítimo Terreste das illas Atlánticas e......

Mirade o que pasou....



Estamos felices polo premio!! Temos moitas ganas de ir á Illa de Ons!!!

26 de marzo de 2026

O DÍA DO TEATRO

Hoxe conmemoramos no cole o día do teatro!

As nosas aulas convertéronse en espazos artísticos onde puidemos disfrutar das representacións teatrais do alumnado do IES Johan Carballeira e dun obradoiro de arte e danza da man da nosa súper profe Uxía!!

Ao longo da mañá percorremos os distintos espazos do cole e descubrimos fantásticas historias; figuras xeométricas que querían saber quen era a máis importante, 5 ratiños que sairon na procura de comida, seis barbudos que tiñan que mercar moitas cousas, 10 gatiñas que viaxaban por marabillosos lugares e un rei que tentou crear unha guerra entre os números....

Mirade todo o que fixemos e o ben que o pasamos!!

Queremos felicitar a todo o alumnado do IES Johan Carballeira polo grandísimo traballo que fixeron, sodes uns actores e actrices fantásticas!! e queremos agradecer enormemente a profe Noelia e a profe Uxía a súa implicación e dedicación, grazas por un día do teatro inesquecible!!

12 de marzo de 2026

BUEU MOLA!

Hoxe os trasniños e as trasniñas pechamos o noso proxecto BUEU MOLA, enmarcado dentro do PDI do cole "DESEÑANDO O FUTURO".

Foron meses de moito traballo onde deseñamos a nosa propia campaña publicitaria sobre algo que coceñemos moito, BUEU!

Investigamos e a analizamos os diferentes modelos de publicidade e chegamos á conclusión de que toda a publicidade precisa dun logotipo e un slogan así que... puxémonos a traballar para crear os nosos.

Para crear o logotipo usamos a bandeira de Bueu e o escudo do Concello como base e os transformamos en cousas incríbles: un barco, personas, animais.... cada un de nós deseñou o seu propio logotipo


Logo expuxemos os traballos e en cada aula escollemos por votación o que máis nos gustaba.



Entre os dous logotipos finalistas fixemos unha nova votación para elexir a que ía ser a imaxe da nosa campaña.

Para deseñar o slogan xuntamos todas as nosas cabeciñas, pensamos e escribirmos propostas e logo dunha votación escollemos a que máis nos gustaba.

Creamos os nosos disfraces do entroido co slogan o logotipo e os nomes dos lugares que máis nos molan de Bueu.


No cole non puidemos saír a desfilar pero... as nosas familias traballaron moitísimo e crearon un carriño super chulo e disfraces propios para poder acompañarnos no enterriño da sardiña desfilando polas rúas de Bueu!



Creamos chapas e pegatinas publicitarias empregando o noso logo e noso slogan...



E como colofón a todo o noso traballo sobre Bueu, fomos á nosa radio escolar, A voz da Pedra, para poñer en práctica todo o aprendido na nosa visita á radio Pontevedra e gravar o noso programa de radio escolar publicitando a nosa vila.

Queredes saber todo o que fixemos para poder facer o noso propio programa de radio? pois mirade....

Nos vindeiros días compartiremos con todas e todos vos o noso programa de radio "TRASNADAS" que participa na II edición dos Premios José Hermida, iniciativa educativa proposta por Radio Pontevedra. 


Estade atentas e atentos.....

22 de xaneiro de 2026

Imos a Radio Pontevedra

Hoxe as trasniñas e trasniños fomos de visita a Radio Pontevedra cadena SER. Alí percorremos as instalacións e coñecemos de primeira man como organizan e distribúen o traballo do día a día, aprendemos unha morea de cousas: técnicas de respiración, a posición correcta, a distancia e colocación do micro e os diferentes xestos que lle temos que facer a o técnico de son cando estamos gravando.
Ademáis todas e todos xuntos gravamos un conto sonoro e participamos en directo no programa La opinión.
 
Con todo o aprendido nas vindeiras semanas as trasniñas e trasniños participaremos na segunda edición dos Premios José Hermida de radio escolar.
Queremos agradecer a todo o equipo de Radio Pontevedra polo seu trato, profesionalidade e cariño, especialmente a Mamen Hermida e a Luz Espiño, foi unha experiencia marabillosa. 


21 de xaneiro de 2026

Paco Nogueiras no cole!!!

Hoxe tivemos na escola unha visita moi especial, recibimos a Paco Nogueiras que veu a contar e cantar con nós grazas a Kalandraka.

Con Paco contamos e cantamos moitas historias, flores, pintoras, cidades, unha banda de músicos e unha eiruga con moita fame.

Mirade...


 


 Queremos agradecer a Kalandraka editora a súa gran labor a prol da lingua e a cultura e a Paco a súa visita a súa alegría, o seu agarimo e o seu bo facer.

Compartir contos e cancións foi xenial!

19 de decembro de 2025

A FESTA DE NADAL!

 Hoxe tivemos festa na escola!

Despedimos o trimeste cunha xornada chea de xogos, panxoliñas e moita diversión!

Vestidos para a ocasión, participamos nos obradoiros de Nadal que nos prepararon a profe Tati e o profe Jose Ángel, preparamos na aula unha merenda especial e logo fomos ao cole de Papirus para ver aos Reis Magos e cantar e bailar as panxoliñas que aprendemos coa profe Uxía. Mirade....



Queremos agradecer a ANPA do noso cole o grandísimo traballo que fixeron para que este nadal fose máxico!


Agora imos de vacacións logo dun primeiro trimestre fantástico!


Vémonos o 8 de xaneiro para vivir máis aventuras xunt@s!


Biquiños!

15 de decembro de 2025

Visitamos o IES Johan Carballeira

Hoxe os trasniños e as trasniñas saímos da escola para visitar aos nosos veciños do Johan Carballeira, convidáronnos a ver a súa decoración de nadal!! 

Para asistir á visita nós fixemos unhas fermosas coroas que nos quedaron chulísimas!! e con moita ledicia percorremos os corredores. do insti, puidemos ver a algúns irmáns, curmáns e amigos e visitamos a aula de imaxe persoal onde as profes e as alumnas nos recibiron con todo o seu agarimo e nos convidaron a pintar as unllas e a cara!!




A profe Tati que nos acompañou na visita fixo este fermoso video mirade!!




Moitas grazas por convidarnos e acollernos con tanto agarimo veciñas!!


24 de novembro de 2025

Xogando coas Illas

Hoxe os trasniños e as trasniñas tivemos na escola unha visita moi especial, os artistas da Fundación Igualarte achegáronse a nosa aula para convidarnos a participar no programa Xogando coas Illas, unha iniciativa en colaboración co Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia na que puidemos aprender moitas cousas das illas dun xeito lúdico e moi participativo.

Coñecemos ao golfiño Teiño e axudámolo na procura do seu fogar, mirade...


Foi unha experiencia fantástica!! Moitas grazas Igualarte!

18 de novembro de 2025

Magosto

Hoxe festexamos no cole a festa do Magosto! Unha xornada de convivencia no cole dos maiores onde tivemos xogos tradicionais, unhas deliciosas castañas e moita diversión!


 


 Queremos agradecer á Asociación Corredoiras que nos prestou os seus xogos tradicionais e ao alumnado de Soldadura do IES Johan Carballeira que veu ata o noso cole co seu invento máxico de asar castañas! Estaban deliciosas!! Moitas moitas GRAZAS!!!

27 de outubro de 2025

Día das bibliotecas escolares. O aniversario de Papirus!

Hai uns días recibimos na escola unha mensaxe moi moi especial, o noso polbiño Papirus ía estar de aniversario e convidávamos ao seu bibliocastelo!! 

Que contentas e contentos nos puxemos cando descubrimos que para esta festa de libros e lecturas íamos estar compañados polo alumnado de cuarto de primaria, que serían as nosas madriñas e padriños de contos!!

Mirade todo o que fixemos!


Queremos agradecer ao alumando de 4º o seu agarimo e a acollida tan marabillosa que nos fixeron, e ás súas profes Ami e Ainhoa o moito que traballaron co alumnado para facer que os apadriñamentos foran inesquecibles, moitas moitas grazas!!!

Temos pendente repetir o encontro para compartir xogos e merendas :)

18 de xuño de 2025

No mar hai moitos peixes...

Hoxe era un día moi especial, os nosos compis de 5 anos festexaban a súa graduación, un bonito acto para despedir estos tres anos en infantil.

As trasniñas e trasniños preparamos con moito agarimo e a axuda da nosa querida mestra Pilar un baile moi divertido.

Mirade que ben o fixemos!!!

9 de xuño de 2025

Investigación científica!

Hoxe no cole vivimos unha xornada moi interesante e emocionante. 

Grazas a un proxecto de colaboración co grupo de ecoloxía de formigas da estación biolóxica de Doñana, puidemos vivenciar o proceso de toma de mostra que os científicos utilizan nos seus estudos!

Os trasniños e as trasniñas foron quen de seguir os pasos e cumplir á perfección co proceso. Foi unha experiencia moi enriquecedora onde aprendemos moito! Mirade...


28 de maio de 2025

Visitamos a lonxa e o mercado de Bueu!

Os trasniños e as trasniñas seguimos traballando no noso proxecto sobre os polbos, e para seguir aprendendo decidimos visitar dous lugares da nosa vila onde hai personas que saben moitas cousas sobre os polbos!

Primeiro visitamos a Lonxa de Bueu, onde o patrón maior da confraría mostrounos as artes de pesca do polbo e contounos unha chea de cousas moi interesantes.

Logo pedimos axuda a Silvia Carballo responsable as actividades do Mes do Polbo de Bueu que está tendo lugar na nosa vila; Silvia levounos a unha exposición fotográfica e a visitar o mercado.

Foi unha xornada moi moi interesante onde grazas a xenerosidade das persoas da nosa vila puidemos seguir avanzando nas nosas pescudas. Aínda que non piudemos ver polbos porque non se poden pescar que están en veda para protexelos, aprendemos moitas cousas!!

Mirade todo o que fixemos!!


Queremos agradecer a Rosana e a Jose Manuel da Confraría San Martiño de Bueu e a Silvia Carballo e as praceiras e praceiros do noso Mercado, o seu agarimo! 

Moitas grazas a todas e a todos por axudarnos!!

14 de maio de 2025

Imos ao teatro. Que suba o pano!

Hoxe os trasniños e trasniñas fomos ata o Centro Social do Mar para asistir, xunto cos nosos compis de infantil e o alumnado de primeiro e segundo de primaria, á representación teatral de monicreques " A pita xefa" unha adaptación da obra de Marta Lado a cargo de Títeres Alakran.

Pasámolo en grande!






8 de maio de 2025

Facemos botellas da calma para o IV ART FOR CHANGE

 Este sábado 10 de maio terá lugar a IV Art for Change, un festival artístico solidario organizado polo IES Johan Carballeira que nos encanta!!

A temática deste ano é o benestar emocional e os trasniños e as trasniñas decidimos crear unhas botellas da calma para contribuír co evento e poder recaudar fondos que serán doados á Asociación Juan XXIII e e a Asociación DOA.

As botellas da calma son unha fermosa ferramenta que nos axuda a concentrarnos, a regular as nosas emocións e a desenvolver habilidades sensoriais. A botella axitada (con todo movéndose pola auga) é un símil co que acontence nas nosas cabezas cando estamos enfadadxs/nerviosxs, onde todo vai a mil por hora, todo se move de forma descontrolada, e non podemos ver con claridade o que pasa. Pero pouco a pouco, se nos calmamos... todo volve ao seu sitio.

Mirade que ben traballamos e canto agarimo puxemos na creación das nosas botellas

;

Agardamos vervos a todas e todos o sábado na carpa da praza Massó para disfrutar de todas as creacións e actividades aquí vos deixamos o programa completo do festival.





28 de abril de 2025

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

 O luns recibimos na escola unha visita moi especial, ao chegar descubrimos que Santi da asociación Terrícola e Kara estaban na aula! Coñecimos a Santi e e Kara na andaina solidaria de pascua e ao saber que Kara era mestre no seu país pareceunos unha idea xenial que se achegara un día ata o cole para contarnos cousas do seu país e de como é o cole alí.

Kara naceu en Gambia, o país máis pequeno de África!, ensinounos a bandeira e explicounos que simbolizaban as súas cores: o vermello polo sol, xa que en Gambia fai moito sol e somentes chove tres meses ao ano xuño, xullo e agosto... que diferente a Bueu!! o branco simboliza a amabilidade das persoas que viven alí, o azul o río que cruza o país e o verde a agricultura porque moitas das persoas que viven en Gambia traballan no campo cultivando arroz, millo, mango ou boniato...

Falamos das tradicións e ata puidemos ver un video de unha festa típica que eles denominan ZIMBA onde os tambores e as máscaras africanas son as protagonistas.


Falamos dos animais que hai no seu país, un dos nosos temas preferidos alí hai leóns, moitos crocodilos, serpes, monos e tamén vacas!



O cole onde traballaba Kara é moi distinto ao noso e alí hai moitos nenos e nenas en cada clase, pero aos nenos e nenas de Gambia tamén lles gusta xogar e aprender coma a nós!


Queremos agradecer a Accem, a Asociación Terrícola, a Santi e a Kara a súa visita; foi xenial poder viaxar ata Gambia e aprender tantas cousas!!

23 de abril de 2025

Día do libro

Hoxe, 23 de abril é o día internacional do libro, e as trasniñas e trasniños quixemos facer a nosa hora de ler moi moi especial.

Cada un de nós contóulles a todos e todas cal é o seu conto favorito, porque é o que máis lle gusta e un pequeno resumo da historia. Despois escollimos a un amigo ou amiga e fomos a biblioteca do noso cole a buscar un conto especial, un conto que nos apetecera compartir con nosos amigos, un conto que podemos ler e contar sen axuda das profes.

Escollimos contos de buscar, contos de princesas, de dinosarios, dos bolechas, dunha pirata moi especial chamada Daniela, de Artuto e a súa amiga a verdade....

Por parellas buscamos un recunchiño cómodo na montaña e fomos compartindo os contos co resto de trasniñas e trasniñas.

Foi un día moi moi especial

11 de abril de 2025

Andaina solidaria de Pascua!

 Hoxe os trasniños e trasniñas saímos da escola por unha boa causa, os nosos veciños do IES Johan Carballeira organizaron unha Andaina Solidaria de Pascua para reacadar fondos destinados a Asociación Accem que traballa mellorando as condicións de vida de persoas en situación de vulnerabilidade e que está a traballar cos refuxiados que están na nosa vila.

Foi unha xornada fantástica de convivencia que desfrutamos moito! 

Mirade!



Moitas grazas por convidarnos!