25 de novembro de 2021

25 - N co profe David

 Hoxe, 25 de Novembro, conmemórase o día da NON violencia de xénero, e o profe David quixo contarlles aos trasniños e trasniñas porque era tan importante este día e que cousiñas podíamos facer nós contra a violencia de xénero: non empurrar, non pegar, falarlle con cariño aos nosos amig@s, dicirlle aos nosos compis o que non nos gusta.... todos e todas tiñámolo moi claro, por iso, para lembrar moi ben esta data os trasniñ@s tivemos dúas misións!!!!

Primeiro cun rodillo, pintamos unha das nosas mans con témpera morada para estampala con moito coidado dentro dun gran lazo baixo as siglas 25-N. Cando todos e todas estampamos e quedou ben sequiño, puxemos o noso nome dentro da man.




A segunda actividade era súper difícil pero conseguimos facela súper súper ben!!!. O profe David preparou  unha morea de "abalorios/contas" rosas e moradas cos números "2"e "5" e a letra "N". A nosa misión era coller un cordel, o número 2, o número 5 e a letra N e metelo todo polo buraquiño do abalorio para conseguir unha pulseira que puxese "25N". 



Todos e todas fixémolo fenomenal e levamos as nosas pulseiras para casa para lembrarnos hoxe, "25-N" e sempre que queremos a VIOLENCIA moi moi lonxe de nós!!!


Moitas grazas profe David, pasámolo moi ben, foi un día e un traballo fantástico!!!!

Ningún comentario: