Amosando publicacións coa etiqueta Juan XXIII. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Juan XXIII. Amosar todas as publicacións

23 de novembro de 2023

Recollida de tapóns solidarios con JUAN XXIII

Hoxe tivemos na escola unha visita moi moi moi especial, os nosos amigos e amigas da Asociación Juan XXIII viñeron ata o noso cole para convidarnos a participar na recollida de tapóns solidarios.


Xuntámonos no ximnasio e alí descubrimos un enorme contenedor que traían para deixar no noso cole!! Con Alejandra, Jacobo e Eva aprendemos moitas cousas sobre a reciclaxe e descubrimos a importante labor que a Asociación Juan XXII no obradoiro de manipulados no seu centro de Cangas; para reciclar os envases e tapóns e darlles una nova vida.

Fixemos unha proba para aprender que cousas podemos meter dentro do contenedor de Juan XXIII e cales non serven e temos de desbotalas no colector amarelo. 

Xa somos uns expertos e expertas!!!!

 


Estamos emocionadas e emocionados por participar nesta fermosa iniciativa cos nosos amigos e amigas de Juan XXII e animávosvos a participar dende casa gardando os tapóns e depositándoos no colector que temos na entrada da escola!!



20 de abril de 2023

Xornada de convivencia na Asociación Juan XXIII

Os trasniños, as trasniñas e as profes estamos cheas de ledicia, logo de tres anos desenvolvendo actividades conxuntas de sensibilización coa Asociación Juan XXIII, hoxe por fin puidemos ir a visitalos ao seu centro de Cangas.

Foi unha jornada máxica chea de sorrisos, nervios, ilusión, aprendizaxe e moito moito moito amor. 

Non temos palabras para expresar todo o vivido nestes tres anos cos nosos compañeiros e amigos de Juan XXIII dos que tanto aprendemos e cos que tanto disfrutamos.

Convidámosvos a que vexades as imaxes da actividade de convivencia que hoxe realizamos onde, grazas á xenerosidade e o bo facer de todas as pesoas que forman Juan XXIII, os trasnos e as profes medramos en todos os sentidos.



 

 Nunca esquerecemos este día. Grazas, grazas, grazas!!


10 de novembro de 2022

O Magosto

Hoxe festexamos o Magosto!!! Durante esta semana as trasniñas e trasniños decoramos as aulas e o corredor e fixemos unha coroa, na que pintamos e decoramos unha castaña e compuxemos con letras troqueladas a palabra MAGOSTO. 

O noso gran Mago Ramón, sorprendeunos un ano máis coa súa maxia, agochando castañas nos nosos cabelos e facendo malabares; todo iso mentres asaba as castañas que todas as familias trouxestedes ao cole para poder desfrutar desta gran festa!!!


A música de Uxía Lambona comezou a soar e xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 4 anos comezamos a cantar e bailar a canción "O outono"; logo papamos as deliciosas castañas que asou Ramón acompañadas do zume que escollimos cada un de nós.


Co bandullo cheo e xa moi impacientes chegou o momento máis importante da xornada; despois de dous anos levando a cabo diferentes proxectos de sensibilización coa Asociación de Juan XXIII de Cangas, hoxe unha morea de usuarios viñeron ao cole a facer unha xincana composta por 15 xogos populares, feitos por eles mesmos, na carpintería do seu centro.

Escollimos unha parella e as nosas amigos y amigos da asociación Juan XXIII colgáronnos do pescozo unhas tarxetas co debuxo de cada un dos xogos polos que deberíamos pasar para completar (marcando cun gomet) a xincana.

Os birlos, as bolas ponte, a ra, minizancos, aros, hoquei, paradisco, chapas, torre xigante, fútbol de man,escalada,labirinto, pescar botellas, fútbol pa e a chave foron os 15 xogos que compoñían o circuíto.

Cada xogo foi tan emocionate e divertido que non nos deu tempo a completar toda a nosa tarxeta e quedaron algúns xogos sen marcar. 


Queremos das as grazas á “ASOCIACIÓN JUAN XXIII” por contar con nós para participar no seu PROGRAMA“EU = CA TI“ unha iniciativa para mellorar as posibilidades de inclusión real das persoas con discapacidade intelectual na nosa comunidade. Con este programa pretenden achegar o coñecemento da discapacidade aos vosos fillos e fillas e a toda a Comunidade Escolar, contribuindo con ela, no alento de actitudes e valores como a solidariedade, respecto e apoio mutuo.


Grazas a este programa que concedeu o rol de monitores ás persoas con discapacidade, as usuarias e usuarios amosáronnos as súas capacidades aumentando o seu valor social e a súa inclusión.


O obxectivo final deste programa, é "asegurar que os escolares non puxeran a súa atención sobre a discapacidade, senón nunha visión máis positiva, percibíndoos como un monitor máis que ensina, explica e axuda cos xogos" e as profes das trasniñas e trasniños podemos asegurar e afirmar que o obxectivo cumpliuse á perfección. Non podemos estar máis orgullosas de TODAS E TODOS, alumando, usuari@s e familias.


Grazas por vir e por facer que o noso magosto fose un día moi moi moi especial!!!