Hoxe tivemos festa rachada na escola!!
Foi día de Magosto, os trasniños e as trasniñas desfrutamos nas aulas preparandonos para festa das castañas e hoxe pasámolo en grande!
Puidemos descubrir xogos tradicionais grazas a Asociación Corredoiras, e papar castañas asadas grazas á colaboración das nosas familias e ao gran traballo de Ramón que ademais de ser un excelente asador de castañas é un grandísimo Mago!!
Grazas a todas e a todos os que fixéstedes posible esta xornada!!!
No seguinte video poderedes ver todo o que fixemos na escola para prepararnos para a festa das castañas e o ben que o pasamos no noso magosto, e se vos fixades ben poderedes descubrir a David, un novo profe que se incorporou hoxe ao cole e que estará con nós ata o vindeiro mes de abril; facendo as súas prácticas universitarias. Benvido profe David!
Ningún comentario:
Publicar un comentario