Amosando publicacións coa etiqueta graduación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta graduación. Amosar todas as publicacións

19 de xuño de 2026

A nosa graduación

E chegou o día..... despois de tres anos compartindo e crecendo xuntxs as trasniñas e trasniños festexamos a nosa graduación, con maxia, ilusión e complicidade.

Preparamos o noso vestiario, 



Os elementos para decorar o instituto: os globos, o bosque, a pota, a tarta de amora, os alimentos para axudar ao coello.... 


e unha canción de despedida cun baile súper chulo


Foron semanas de moitísimo traballo, moitas emocións e segredos que por fin puidemos compartir con todas as nosas familias. 

Así foi como os trasniños e trasniñas da profe Cris deron vida ao conto A casa da mosca chosca... 

Os trasniños da profe María escolleron para representar o conto Sopa Verde, mirade....

Coa teacher Marina aprendemos unha fermosa canción dedicada ás nosas familias....

Entre todas e todos convertemos a canción de shakira en zootropolis, na nosa canción de despedida, cambiamos a letra para que falara de nós e das cousiñas que nos acompañaron estes tres anos, tamén inventamos un baile e así foi como nos quedou.... 

Logo da graduación as profes recibimos unha chea de sorpresas fermosas, un conto feito polos trasniños e trasniñas; un agasallo moi relaxante, unhas fermosísimas palabras cheas de emoción e cariño e un video sorpresa con canción e moitas fotos que nos emocionou moitísimo.... 

 

 Moitas grazas a teacher  Marina axudarnos tanto, aos nosos compis de infantil polos seus bailes, a nosa dire Anita e xefa de estudios Ainhoa polo phococall tan chuli que con tanto cariño montaron para nós na entrada do insti, grazas a nosa fotógrafa María e por suposto grazas a todas as familias por tanto. 


Foi un día máxico para despedir unha etapa e voar...

Ata sempre trasniñxs!!!!

12 de xuño de 2024

O galo canta

Hoxe as nosas e nosos compis de 5 anos festexaron a súa graduación, xa son maiores e o curso que vén comezaran as súas aventuras no cole de primaria. 

As trasniñas e trasniños participamos na súa festa cantando e signando unha canción que nos ensinou a profe Elsa, "O galo canta"

No cole escollemos personaxes, preparamos con moito agarimo accesorios para poder converternos en galos, galiñas e pitiños e ensaiamos a nosa coreografía. E con todo listo hoxe subimos ao escenario.

Mirade.....

22 de xuño de 2023

Ata sempre trasniñas e trasniños

Despois de moitas semanas agardando, onte chegou o día; era a festa da nosa graduación. Lara e Hugo de Montis foron os encargados de presentar todas as actuacións do festival. Os nosos compis de 3 e 4 anos prepararon un baile para a nosa festa, e nós representamos as obras de teatro que tanto tempo levábamos ensaiando.....




 


Ademáis todas e todos xuntos subimos ao escenario para cantar, bailar e signar unha canción de despedida que creamos entre tod@s!!!




Despois chegou o momento da graduación, primeiro os chicos e chicas de 5 anos A subían a recoller o seu birrete e a súa orla da man da profe María, o profe David e a profe Lucía; despois era a quenda  do alumando de 5 anos B, a profe Cris, a profe Alicia e a profe Lucía agardábamolos no escenario para darlles unha gran aperta.



Foron momentos moi moi emotivos e moi especiais, polas nosas cabeciñas pasaban todas esas experiencias vividas xunto aos vosos fillos e fillas, mascarillas, equipos, confinamentos, bágoas, risas, aventuras, complicidade, cariño, ilusión... pero sobre todo CONFIANZA, a que depositástedes en nós cada mañá ao longo destes tres anos, deixando ao voso maior tesouro ao noso lado. Sentímonos moi afortundas e orgullosas de ter sido as profes de cada un destes trasniños e trasniñas. Comeza unha nova etapa para todos, pero recordade que aquí sempre teredes ás vosas profes de infantil para todo. 



Desfrutade das novas aventuras no cole dos maiores GRAZAS GRAZAS E MIL GRAZAS!!!!