Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións

28 de abril de 2026

TRASNADAS, o noso programa de radio!

Os trasniños e trasniñas creamos o noso propio programa de radio. Foi unha experiencia creativa fantástica onde aprendemos moitas moitas cousas.

As profes estamos moi orgullosas destes trasniños e trasniñas agardamos que disfrutedes do programa...


Queredes saber como foi o proceso de creación do noso programa? mirade, mirade.....


12 de marzo de 2026

BUEU MOLA!

Hoxe os trasniños e as trasniñas pechamos o noso proxecto BUEU MOLA, enmarcado dentro do PDI do cole "DESEÑANDO O FUTURO".

Foron meses de moito traballo onde deseñamos a nosa propia campaña publicitaria sobre algo que coceñemos moito, BUEU!

Investigamos e a analizamos os diferentes modelos de publicidade e chegamos á conclusión de que toda a publicidade precisa dun logotipo e un slogan así que... puxémonos a traballar para crear os nosos.

Para crear o logotipo usamos a bandeira de Bueu e o escudo do Concello como base e os transformamos en cousas incríbles: un barco, personas, animais.... cada un de nós deseñou o seu propio logotipo


Logo expuxemos os traballos e en cada aula escollemos por votación o que máis nos gustaba.



Entre os dous logotipos finalistas fixemos unha nova votación para elexir a que ía ser a imaxe da nosa campaña.

Para deseñar o slogan xuntamos todas as nosas cabeciñas, pensamos e escribirmos propostas e logo dunha votación escollemos a que máis nos gustaba.

Creamos os nosos disfraces do entroido co slogan o logotipo e os nomes dos lugares que máis nos molan de Bueu.


No cole non puidemos saír a desfilar pero... as nosas familias traballaron moitísimo e crearon un carriño super chulo e disfraces propios para poder acompañarnos no enterriño da sardiña desfilando polas rúas de Bueu!



Creamos chapas e pegatinas publicitarias empregando o noso logo e noso slogan...



E como colofón a todo o noso traballo sobre Bueu, fomos á nosa radio escolar, A voz da Pedra, para poñer en práctica todo o aprendido na nosa visita á radio Pontevedra e gravar o noso programa de radio escolar publicitando a nosa vila.

Queredes saber todo o que fixemos para poder facer o noso propio programa de radio? pois mirade....

Nos vindeiros días compartiremos con todas e todos vos o noso programa de radio "TRASNADAS" que participa na II edición dos Premios José Hermida, iniciativa educativa proposta por Radio Pontevedra. 


Estade atentas e atentos.....

22 de xaneiro de 2026

Imos a Radio Pontevedra

Hoxe as trasniñas e trasniños fomos de visita a Radio Pontevedra cadena SER. Alí percorremos as instalacións e coñecemos de primeira man como organizan e distribúen o traballo do día a día, aprendemos unha morea de cousas: técnicas de respiración, a posición correcta, a distancia e colocación do micro e os diferentes xestos que lle temos que facer a o técnico de son cando estamos gravando.
Ademáis todas e todos xuntos gravamos un conto sonoro e participamos en directo no programa La opinión.
 
Con todo o aprendido nas vindeiras semanas as trasniñas e trasniños participaremos na segunda edición dos Premios José Hermida de radio escolar.
Queremos agradecer a todo o equipo de Radio Pontevedra polo seu trato, profesionalidade e cariño, especialmente a Mamen Hermida e a Luz Espiño, foi unha experiencia marabillosa. 


29 de febreiro de 2020

Tomando decisións sobre o noso programa de radio!

Os trasniños e as trasniñas seguimos avanzando no noso proxecto da radio cara ao noso obxectivo final, crear o noso propio programa de radio que emitiremos en A voz da Pedra a nosa radio escolar!.

Logo de visitar Radio Voz, caemos na conta de que o noso programa de radio tiña que ter un nome, puxémonos a pensar, recollemos as aportacións de todas e todos e decidimos escoller o nome do noso programa mediante unha votación formal na que constituímos unha mesa electoral que contaba cun censo e na que cada votante tivo que identificarse para poder exercer o seu dereito a voto.















Cando todas e todos votamos a nosa opción preferida, fixemos un reconto e comprobamos que o número de votos emitidos coincidía co total de votantes marcados no censo, como todo estaba correcto reflectimos a modo de acta nunha ficha todo o proceso, rexistrando cada opción co número de votos obtidos, o reconto final e o nome elexido por maioría.




Na aula da profe María o programa de radio terá como título "Radio Trasnos" e na aula da profe Cris o programa levará como nome "Radio Papirus"

Ademáis do nome, o noso programa de radio precisaba unha imaxe que o identificara "profe como Radio BuleBule, que ten letras e un redondel..." "hay que ponerlo en la pared y en los micrófonos" Na procura dos logotipos para os nosos programas de radio puxémonos a crear; desta volta todas e todos participamos e cada un de nós creou un logo para "Radio Trasnos" e outro para "Radio Papirus"

Para escoller o logotipo de cada programa, espuxemos todas as creacións no ximnasio do cole e cada un de nós escolleu a súa opción preferida colocando enriba dela un cubo.





Na escolla do logotipo de Radio Trasnos a nosa elección estaba clara


Pero no caso do logotipo de Radio Papirus había tres opcións moi igualadas polo que decidimos facer unha segunda volta entre esas tres para decidir.



Xa temos nome e logotipo para os nosos programas de radio, seguimos avanzando!!!



16 de febreiro de 2020

O entroido está chegando!!!

O vindeiro venres 21 de febreiro festexaremos na escola unha festa de entroido moi radiofónica!!!

No cole de infantil decidimos escoller a Paco Nogueiras como protagonista do noso disfraz e estamos traballando moito moitísimo para que todo estea listo este venres e poidamos disfrutar da festa!

Estamos pintando os debuxos que levaremos na nosa camisola azul...

 





E cos nosos gorros azuis na cabeza... inventamos a copla do entroido que imos cantar polas rúas de Bueu..


A nosa copla xa está lista.... queredes cantar con nós???

7 de febreiro de 2020

A radio dende dentro!!! Visitamos Radio Voz!

Hoxe os trasnos demos un paso máis no noso proxecto sobre a radio, tivemos a sorte de poder visitar unha emisora e vivir a radio en directo!!

Saímos da escola ben cedo...





E logo dunha viaxe en autobús onde non faltaron as nosas cancións preferidas, chegamos a Vigo e descubrimos o edificio a onde tiñamos que ir
"profe é aí que pon.. Radio Voz"





Aos pes do edificio da emisora había un parque, e decidimos visitalo para xogar un anaco...



Compartimos unhas galletas e co bandullo cheo... preparámonos para entrar na emisora de radio.

Na entrada de Radio Voz coñecimos a Nuria que nos deu a benvida e nos acompañou ata a redacción, onde estaban os redactores e redactoras traballando, procuraban información, falaban por teléfono, e tamén vimos como preparaban as follas dun xornal porque... neste edificio non só hai unha radio se non que, tamén se fai o xornal La Voz de Galicia!!








Nuria presentounos a Dani, e con el entramos nunha sala moi grande que ao fondo tiña unha enorme fiestra pola que podiamos ver o estudio de radio!!!

Dende o outro lado do cristal saudamos a Bibiana Villaverde que estaba dentro do estudio facendo o programa "Voces de tu ciudad" en directo.


Dani prendeu un aparato de radio para que puideramos escoitar o programa en directo á vez que veíamos o que estaba a acontecer a través do cristal, e contounos unha chea de cousas interesantes sobre a radio. 



Con Dani aprendemos como funciona a radio, o que é unha cuña publicitaria, o signos que coas máns se fan entre a locutora e o técnico que está no control, deu resposta a todas as nosas preguntas e nos acompañou a visitar un estudio de radio que non se estaba utilizando nese momento e o control técnico.






 Dani presentounos a Emilio, o técnico de voces de tu cuidad, puidemos ver como traballaba dende o control subindo os volumes e poñendo toda a música, as cuñas, e as sintonías do programa de radio. Foi fantástico ver como Emilio facía unha chea de cousas á vez mentres estaba moi pendiente do que pasaba dentro do estudio a través do cristal. Encantounos ver traballar a Emilio e nos gustou moito descubrir que coñecía o noso cole porque Emilio é de Bueu e estudiou no cole de A Pedra!!
Logo da visita chegou o momento de entrar no estudio de "Voces de tu ciudad" antes de entrar Dani explicounos o significado da luz vermella, que serve para informar de que os micrófonos están abertos. Descubrimos que hai luces encima da porta e dentro do estudio para que saibamos cando temos que estar en silencio, todas e todos nos comprometemos a estar en silencio cando a luz estivera vermella e....... as portas do estudio abríronse para nós!!!
Entramos no estudio moi moi caladiños e alí coñecimos á locutora Bibiana Villaverde. Sentamos ao redor da mesa e Bibiana convidou a un representante de cada clase para que falaran con ela no programa. Bosco e Lola puxéronse diante dos micros e o fixeron fenomenal!!!!!













Dentro do estudio coñecemos a Manu Escudero, un músico que veu ata a radio para presentar o seu novo disco. Bibiana entrevistou a Manu a Yadira e a Mingos. Encantounos escoitar a entrevista dentro do estudio e sobre todo escoitar a canción que tocaron en directo.





Cando rematou o programa ás 12:00 saímos do estudio e estivemos falando con Bibiana, do seu traballo na radio, con ela descubrimos que para facer un programa de radio é moi importante falar e escoitar, traballar en equipo e apoiarse uns aos outros no traballo redacción, locutores, técnicos, produción..... preparar previamente o que queremos dicir no programa por medio de un guión e escribilo...




Cantos bos consellos nos deu Bibiana para o noso programa de radio!!!!



Antes de despedirnos recollemos un estupendo agasallo que tiñan preparado para nós!!!


O xornal de hoxe e un conto!! Que guaiii!!!



Foi unha xornada fantástica, pasámolo moi ben e aprendemos moitas moitas cousas que poñeremos en práctica na nosa radio escolar!!!

Queremos agradecer a Radio Voz o seu convite e moi especialmente a Nuria, Dani, Emilio e Bibiana por acompañarnos, por atender as nosas inquedanzas e por ensinarnos a radio dende dentro.


Graciñas por todo!!!

Se non poidestes escoitar a nosa participación no programa en directo non vos preocupedes porque Emilio gravou o audio dende o seu control técnico e enviounolo para que poidamos escoitalo sempre que queiramos!!