Amosando publicacións coa etiqueta nós tamén creamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nós tamén creamos. Amosar todas as publicacións

5 de xuño de 2019

Os trasnos explican como fixeron a curta É o meu aniversario

Esta mañá unha pequena representación dos trasnos desprazouse ata o cole dos maiores para colaborar na gravación dunha reportaxe sobre o noso Bibliocastelo!

Para elexir aos representantes de cada aula decidimos facer un sorteo e os nomes que sairon foron os de Erika, Matilda, Unai, Bosco, Hugo Estévez e Laura que cumpliron coa misión de achegarse á biblio para mostrar e explicar como fixemos a nosa peli.

Alí no recanto adicado ao stop motion situaron o escenario, ás personaxes e mostraron como conseguimos que os nosos bonecos se movan, pechen os ollos e incluso falen!!






Os nosos compañeiros e compañeiras fixéronno fenomenal, estamos desexando ver o resultado!!

29 de abril de 2019

Os trasnos facemos unha curtametraxe de animación!!!!!

Fai un tempo chegou á escola información sobre o certame "Nós tamén creamos" unha inciativa de Política Lingüística ,a TVG e OQO editora pola cal convidaban aos centros de ensino a realizar unha curtametraxe de animación en galego usando a técnica do stop motion. Pareceunos unha fantástica aventura para os trasniños e as trasniñas e decidimos apuntarnos ao certame.

Logo de semanas e semanas de intenso traballo, hoxe os trasnos realizamos a estrea da nosa curtametraxe de animación!! Despois do patio convertemos unha das aulas nunha sala de cinema e xuntámonos todas e todos para poder visionar o noso traballo xa rematado!!!

Logo da estrena comemos lambonadas, bailamos e xogamos para festexar o traballo ben feito. Somos un gran equipo!!!!

Queredes ver a nosa curta?? pois adiante....




Se ademáis queredes saber como a fixemos ollade o seguinte video....