Esta semana a nosa amiguiña Alba foi a prota na aula da profe Cris. Nesta semana tan especial para ela, Alba trouxo unha morea de cousiñas para ensinarnos e para xogar; a historia da súa vida, as suas revistas e contos favoritos, bonecas, aneis, quebracabeas….
Hoxe, por fin, chegou a día tan esperado para ela e a súa familia. O seu pai Andrés, Ana, a súa nai, e Uxía a súa irmá pequena, viñeron despois do patio a pasar un ratiño con nós.
Contarónnos que Ana é traballadora social e axuda a moita xente. Andrés traballa construíndo festivais e concertos, así que comezou preguntando:
- Sabedes que é un festival?
Case todos os nenos e nenas da clase sabían e incluso asistiron a algún festival. Andrés explicounos como para sacar adiante un festival é moi importante traballar en equipo, porque hai moita xente e moitas cousiñas das que estar pendetes; no SonRías reciben unhas 7000 persoas ao día.
Alba e a sua familia tivo unha gran idea, construir o noso propio festival, bueno... mellor dous festivais. Para conseguilo o primeiro que precisamos é un nome para cada un dos festivais:
" Festival dos trasnos" e "A noite dos trasnos" foron os nomes escollidos.
Agora tiñamos que escoller a data e o lugar de celebración dos nosos festivais.
Os lugares escollidos foron Londrés e a China (si si, a China), e os días da semana o vindeiro venres e martes. Soamente nos falta decidir que grupos asistirán ao evento: Uxía Lambona, Pakolas, Pablo Díaz, Paco Nogueiras, Tanxugueiras, Dakidarría...
Con todos os datos comezamos a facer os carteis que promocionan os festivais, todo traballando en equipo como fai o papi de Alba (uns escriben, outros recortan, outros pegan.)
Con todo listo fixemos unha foto e o pai de Alba meteu os datos do festival no ordenador e..... Tachan!!! Xa temos as entradas para o noso festival!!! Alba repartiunos moedas especiais do festival e puxonos duas pulseiras para poder asistir aos concertos e ata pagar con ela.
Deste xeito tan creativo e coa participación de todos os trasnos, Andrés explicounos en qué consistía o seu traballo, unha auténtica chulada para todos nós.
Moitismas grazas familia. Pasámolo fenomenal.



Ningún comentario:
Publicar un comentario