11 de abril de 2019

Lía é a prota!!!

Esta semana tocoulle á trasniña Lía ser a prota na aula da profe María. Durante toda á semana cumpriu con moita ilusión con todas as tarefas que conleva ser a prota no cole. E ademáis quixo que disfrutaramos da compaña de algúns menbros da súa familia na súa actividade especial.

O pasado luns a súa mami Susi e o seu avó Luis estiveron con nós no cole. Chegaron despois do patio cunha chea de bolsas... viñan moi cargados.

Sentámonos na asemblea e descubrimos a sorpresa que nos tiñan preparada. O avó de Lía é cociñeiro e propúxonos facer a nosa propia pizza!!!

Pizza??? SIIIII!!!

Susi e Lía axudaron ao avó Luis a facer a masa e nos asistimos atentos para aprender a receita: fariña, aceite, un pouquiño de sal, lévedo e agua morna. Misturamos ben todo e... a amasar!!!



Mentres deixamos reposar a masa ben tapadiña Susi e Lía entregáronnos uns agasallos moi especiais, uns fermosísimos mandís de cociñeiro!! Os mandís coserónnos os avós de Lía que traballan nunha cooperativa. Cuns rotus especiais para tecidos puxemos o noso nome ao mandil e vestímonos de cociñeiros para comezar a facer as nosas pizzas na mesa!!!

O avó Luis cortou anacos da masa para nós que Lía e Susi nos repartiron xunto cunha caixiña para meter a nosa pizza cando estivera rematada. Decoramos as caixiñas con pegatas, puxémoslle o noso nome e comezamos a amasar!!! Que divertido!!!


Estiramos a masa, puxémoslle tomate, orégano, un pouquiño de pementa, xamón e queixo ao gusto e a nosa pizza estaba lista!!!

Somentes restaba metela no forno para poder degustala, na escola non temos forno así que a familia de Lía preparou para nós una pizza na súa casa á que nos convidaron. E as nosas minipizzas levámolas na súa caixiña para metelas no forno de casa!!!

Converterse en cociñeiros foi xenial!!! Que ben o pasamos!!!

Ningún comentario: