Esta semana, na aula da profe Cris, tocoulle ser a prota a Paula; porfin chegaba o venres, o día no que a nosa prota viña ao cole coa sua mami, Ana.
Ana contounos un dos contos favoritos de Paula, "O monstruo de cores"; a través do conto e das distintas cores do noso amiguiño intentamos desfacer o lío tan grande que o monstruo tiña coas emocións: amarelo para alegría, vermello para cando estamos moi enfadados ou verde para cando estamos tranquilos.
Despois Paula repartinos a cada un, un ovo con distintas formas para colorear e decorar de distintas cores; cando o tiñamos rematado Paula sorprendeunos cun último agasallo, un ovo de chocolate para cada un dos seus amiguiños e amiguiñas!!!! Comimos o chocolate e o máis divertido, descobrimos e montamos a sorpresa. Moitas grazas por todo, pasámolo fenomenal
Ningún comentario:
Publicar un comentario