14 de marzo de 2019

Yerai é o prota

Esta semana, na aula da profe Cris, o encargado é Yerai, veu ao cole acompañado pola súa irmá Yaiza, a sua mami Seila, e Jose, Sergio e Mariuxy, que é bióloga marina. Todos eles viñeron a falarnos dun dos animais máis temidos de todo o océano, o tiburón.

Vimos un vídeo sobre os tiburóns no que aprendimos unha morea de cousas, a gran catidade de especies que hai, a diferenza de tamaños entre uns e outros, ou como algúns quedan enmallados nas redes de pesca, atopándose así moitas especies en perigo de extinción, tamén vimos os miles de dentes que poden ter ao longo da sua vida. Unha das cousas máis interesantes que aprendimos foi que os tiburóns nunca dormen e nunca deixan de nadar, porque si o fan afunden e morren.

Yerai contounos que o avó Antonio ten un barco, un barco moi grande que pasa meses pescando tiburóns en alta mar; cando regresa a porto, o padriño descarga os tiburóns, despois papi, na sala de elaborados, quítalle a pel para poder cortalo e vendelo, e por último mami cociñao na casa, creo que lle sae boísimo!!!!

O noso amiguiño quixo compartir con nós un xogo de mesa de tiburóns, unha baralla de cartas, un dos seus peluches favoritos e mandíbulas de tiburón; ademáis trouxo un xogo para que cada neno e nena levase para casa; nel picamos a boca dun tiburón, puxémoslle olliños e listo.....agora a intentar que o tiburón coma o peixiño.


Foi un experiencia fantástica. Grazas familia!!!






Ningún comentario: