Quixo sorprendernos a todas e a todos con unha actividade moi especial na que participou toda a súa familia. O luns estiveron con nós na escola a súa mami Lucía e o seu avó. Entre os tres contáronnos que unha das cousas que máis lle gusta facer a Ana son as manualidades e quixeron vir á escola para ensinarnos a facer unha cartucheira preciosísima na que poder gardar as nosas cousas especiais!!!
Para preparar os materiais da cartucheira Ana e a súa familia estiveron moitos días recortando, cosendo e pegando, pasáronno moi ben preparando todas e todos xuntos os materiais: as cartucheiras de cores, estrelas, rás, pitiños, corazóns.. e unha morea de figuriñas de fieltro para que decoráramos ao noso gusto a nosa cartucheira.
Ana repartiu as cartucheiras de cores e puxémonos a traballar, primeiro colocamos no extremo un anaco de velcro que servirá para poder abrir e pechar, e logo decoramos cada un ao seu gusto.
As nosas cartucheiras quedaron fermosísimas!!!
Moitas grazas por compartir con nós esta actividade tan chula!!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario