18 de marzo de 2019

Sara é a prota!!

Esta semana a protagonista na clase da profe María é a trasniña Sara, durante toda a semana será a encargada de pasar lista, repartir os manteis da merenda e encabezar a fila da nosa aula!!

Ademáis todos e todas puidemos coñecer algunhas cosas especiais da nosa amiga Sara grazas á visita da súa mami Iria e o seu papi, Checho.

Sara convidou á súa familia ao cole e os tres contáronnos moitas cousas interesantes, a través dun fermoso video descubrimos as cousas que máis lle gusta facer a Sara: pintar a cara coa súa tía, cociñar, xogar, os tobogáns, os parques acuáticos....

Checho nos contou que traballa nunha empresa que se adica ás comunicacións e con él descubrimos a historia de Antonio, un home que fai moitos moitos anos tivo unha fantástica idea e inventou o teléfono para poder falar coa súa muller que estaba enferma!! Logo de contarnos a historia, Sara e a súa familia preguntáronnos se queriamos facer un teléfono, con dous vasos e un anaco de cordel. Non o podiamos creer pero ao estirar ben o cordel e falar nun dos vasos podíamos escoitar o que deciamos no outro vaso... que marabilla!! funciona!!!!

Había un teléfono para cada un de nós, os decoramos con pegatinas e estivemos facendo probas para comprobar que ainda que falaramos baixiño podíamos escoitarnos uns aos outros!!


Para rematar a actividade Sara tiña unha sorpresa moi doce para todos e todas, preparara na casa coa axuda dos seus papis unhas riquísimas madalenas que con moito cariño envolveu nun paquetiño ao que lle colocou unhas chuches!! As madalenas ademáis de estar boísimas tiñan sorpesa!! anaquiños de chocolate no seu interior e por fóra birutas e corazóns de cores que as decoraban.



Grazas pola visita familia!! Pasámolo xenial!!!






Ningún comentario: