Manolo contounos que traballa no barco de arrastre máis grande de toda España o Lodairo; pasan moito tempo no mar, entre 2 e 4 meses, así que Manolo explicounos que cando un mariñeiro faise dano nunha perna, nun brazo ou na espalda son eles os que en primeiro termo teñen que curar ao ferido.
Como el é un experto trouxo todos os materiais para ensinarnos como fan de médicos a bordo do barco. Primeiro observamos a botella de oxíxeno e probamos o respirador automático, saía moito aire....
Despois cos entablillados e as férulas inmovilizamos as nosas pernas e os nosos brazos. Marta e Manolo contáronnos que é moi importante que quede moi ben colocado para evitar lesionar máis ao ferido, foi moi divertido!!!
E cando o ferido ten que evacuar o barco sabedes como o fai??? pois sí, en helicóptero!!!! para iso os mariñeiros colocan ao ferido nunha camilla atándolle os pés e as mans, ou nun colchón de vacío que ten un xel dentro que fai que ao quitarlle o aire vaiase poñendo duro e collendo a forma do noso corpo.
Cando o ferido está listo o rescatador e o médico baixan do helicóptero para poder levalo a un centro médico.
Grazas a familia de Simón, hoxe puidemos experiementar como coidan a un ferido a bordo dun barco e probar os entablillados, os colchóns, as linternas o respirador e a padiola.
Foi una experiencia fantástica. Moitas grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario