22 de xaneiro de 2019

Matilda é a protagonista!!!

Por fin chegou a semana que tanto desexaba Matilda; hoxe cando tocou a timbre Matilda, a sua irmá Aroa, a sua mami Olalla e o seu pai Marc, puxéronse na fila dos trasnos e entraron a nosa aula a pasar un ratiño con nós.

Contáronnos que unha das cousas que máis lle gusta facer a mami é ser mestra e contar contos, e a papi debuxar; así que decidiron traer dous contos:

No primeiro Olalla contounos a historia de Aquiles, un puntiño que pouco a pouco foise coloreando grazas a Marc, e coa axuda e a maxia de Matilda e dos trasnos foi converténdose nun ollo, non nun ollo non, en dous, cunha cabeza (con boca, nariz, orellas e pelo)  con pernas, brazos e pes.

O segundo conto, é un conto de FAMILIA, alá polo 2014 cando Matilda estaba na barrigola de mamá, Aroa mirou para ela e lle dixo:

- Mamá, estás moi gorda, creo que vas ter un bebe!!!
- Siiii, dentro de pouco, cando xa non poda ver os meus pés, seremos UN MÁIS.
 

Olalla, Aroa e Matilda contáronnos a súa historia cuns títeres, mentres Marc debuxaba  aos coelliños; despois repartiunos un títere para que cada un de nós pintara e decorara mentres aos poucos íamos descubrindo un segredo agochado no albúm de fotos de Matilda. Cando enfocábamos unha foto coa tablet acontecía unha cousa marabillosa, as imaxes cobraban vida!!!! nunha Aroa e Matilda púñanse a bailar, noutra Matida daba un concerto e ata vimos unha onde toda a familia se lanzaba por un tobogán.


Antes da despedida, Matilda repartiunos un conto, para levar a casa e desfrutar coa nosa familia.

                                        Foi un día fantástico; moitas grazas familia!!!!!



Ningún comentario: