29 de xaneiro de 2019

Roi é o prota

Esta semana o prota na clase da profe Cris, é Roi. Hoxe Graciela, a sua mami, estivo con nós no cole. Contóunos que traballa no museo Masso, pero que antes tamén traballou nun museo de cadros, así que hoxe veu a ensinarnos todas as cousiñas que sabe de arte.

Ela e máis Roi contarónnos o conto "Garabato e Tinta" unha historia dun gato ao que lle gusta debuxar, e un rato ao que lle encanta pintar. A ningún dos dous lle gustan as obras do outro... ou iso din e pelexan sempre porque queren ser os mellores artistas do mundo. Finalmente decátanse de que xuntos poden crear auténticas obras de arte.



Graciela falounos un pouquiño de Picasso, Van Gogh, Dalí e Leonardo da Vinci e lemos un poema para entender a obra de  Picasso: "Este Picasso es un caso" e  regaláronnos un cadro para decorar co noso estilo propio!!!!

Antes de marchar Roi contounos outro dos seus contos favoritos "Nicomedes o pelado";


Foi marabilloso. Grazas



Ningún comentario: