30 de xaneiro de 2019

O día escolar pola paz

Hoxe foi un día especial na escola, conmemoramos o día escolar da non-violencia e a paz. Levamos semanas traballando sobre este tema e pensando como podemos contribuír á consecución de esa paz que tanto nos gusta. Logo de moito debater e pensar, os nenos e nenas da clase da profe Cris decidiron que unha das cousas que podemos facer é estar tranquilos, mentres que na clase da profe María a conclusión é que podemos querernos. Reflectimos as nosas conclusións nunhas mans de cores que xunto coas mans do resto das aulas do cole conforman o fermoso mural colaborativo que se atopa na entrada do cole de primaria.





Como símbolo do noso compromiso a favor da paz e da non violencia elaboramos un colgantes con forma de pomba que nos quedaron ben chulos.
Hoxe tiñamos previsto acudir ao cole dos maiores para realizar un acto conxunto pero... o mal tempo fixo que quedáramos no cole de infantil, reunímonos todas e todos no ximnasio onde cantamos a canción que preparamos para este día.



Queredes cantar e signar con nós??



Ningún comentario: