31 de xaneiro de 2019

Celia é a protagonista!!

Esta semana na aula da profe María Celia é a nosa prota e dentro da súa semana especial quixo que a acompañaran á escola a súa mami Dori e Manuel o seu papi. Este mércores compartimos con Celia e a súa familia uns momentos chulísimos onde todas e todos coñecimos a Tamten, o querido hamster de Celia.

Dori Manuel e Celia ensináronnos un libro moi chulo sobre mascotas, no libro había una parte dedicada aos hamsters e lendo descubrimos unha chea de cousas interesantes sobre estes curiosos animaliños que durmen de día e están activos pola noite, que non é preciso bañalos....o que máis nos chamou a atención foi descubrir que os hamsters utilizan as súas meixelas a modo de petos, gardando nelas todo o que atopan e queren levar con eles.

Celia sacou a Tamten da súa casiña e foi prensentándoo a todas e todos, os e as que quixemos puidemos acariñarlo e collelo nas mans!

Puidemos ver a Tamten comendo pipas, pode pelalas!! e sen dúbida o que máis nos gustou e nos fixo rir ás gargalladas foi ver a Tamten andar pola nosa clase correndo dentro dunha esfera transparente!!!


Na pizarra máxica vimos fotos e videos de Celia nun fermoso montaxe, coas súas canción preferidas; onde descubrimos como era de pequena, á súa familia, aos seus amigos e as cousas que lle gusta facer...

Para rematar a actividade fixemos unha das cousas que máis nos gusta, pintar uns debuxos de hamsters que Celia preparou para todos e todas.

Foi una chulada, aprendemos moitas cousas e pasámolo fenomenal!!!!




Ningún comentario: