Chegaron ao cole cargados de cousas chulas e con moitísima ilusión; faláronnos das cousas que lle gusta facer a Irene: cantar e bailar, pintar e os contos!!
Cada noite Lorena ou Eugenio leen con Irene algún dos seus contos e trouxeron ao cole un dos que máis lle gustan " El pez arcoiris" que Eugenio contou para nós. Escoitando coñecimos a historia dun peixiño con moitas escamas brillantes que non tiña amigos porque non sabía compartir, encantounos!!!! sobre todo cando cara o final o peixiño decide compartir as súas escamas cos seus amigos!!
Logo do conto Lorena preguntounos se nos gustaba pintar e ofreceunos facer entre todas e todos unha fermosa árbore usando os nosos dedos. Con ela aprendemos o nome dos dedos da man e usando o dedo índice e unhas tintas de moitísimas cores creamos unha arbore moi moi fermosa que contén as pegadas de todos e todas!!
Que ben o pasamos!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario