12 de decembro de 2018

Unai é o prota!!!!

Esta semana, na aula da profe Cris tocóulle o turno a Unai; a súa mami Pili, e o seu pai Manu non quixeron perder a oportunidade de estar un ratiño con nós e ver como desfrutaron o seu fillo e os seus amigos e amigas deste anaquiño de tempo.

Queredes saber que pasou?? pois que hoxe ademáis dos seus pais veu ao cole un membro máis da familia, o seu can LAGUN; Pili contounos que Lagun é un nome vasco é significa amigo, compañeiro; e iso foi Lagun hoxe para nós, un amigo, un compañeiro; estivo ao noso lado todo tempo, respetando, escoitando e cumprindo as ordes que se lle daban.

Manuel trouxo unha presentación cuns dos nosos cans favoritos, os da PATRULLA CANINA; así  falóunos de Marshall e os dálmatas,  de Rubble o os buldogs, de Sky e os cockers, de Everest e os huskys ou de Zuma e os labradores. Ensinounos vídeos reais de cómo os cans axudan, rescatando a persoas e animais, grazas ao seu gran olfato, coidando e recollendo as ovellas ou rescantando e correndo desenfrenados pola neve nas montañas máis altas.

Despois todos os que quixeron puideron ver que ben adestrado está Lagun; por quendas chamábamos por él ou lle dabamos ordes; "Lagun ven" "Lagun senta", "Lagun tumba"; cando realizaba a nosa petición lle dábamos un premio, unha chuche moi especial.

Unai repartiunos unha chuche a nós tamén, unha piruleta coa súa foto con Lagun para desexarnos Felices festas e recordar este día tan importante para él.


Antes de rematar o noso tempo saímos un ratiño ao patio, todos tiñamos moitas ganas de xogar; Lagun estreaba xoguetes e xuntos corremos, saltamos e pasámolo fenomenal.


Aprendemos dúas cousiñas super importantes, que temos que pedir permiso para acariciar a un can que non coñecemos, e facelo sempre amodiño e por un lado para que non se senta atacado, e que despois de tocar un can ou calquer outro animal temos que lavar as mans.


Moitas grazas familia, foi unha experiencia marabillosa!!!!







Ningún comentario: