12 de decembro de 2018

Concurso "Giotto eres tú"

Os trasnos estamos de celebración!!!

Veñen de comunicarnos que acadamos o primeiro premio no concurso escolar Giotto eres tú.

Lembrades a nosa primeira aventura neste curso?? aquela na que traballamos o coidado do medio ambiente concienciándonos na importancia de reducir, reciclar e reutilizar?? Os trasnos propuxémonos reutilizar algúns dos envases que diariamente tiramos ao lixo e convertelos nunha creación artística, pedimos axuda ás familias para que nos aportaran material de refugallo e traballamos arreo. Pensamos e debuxamos o deseño da obra de arte, seleccionamos e clasificamos materiais e adecuamos o que tiñamos ás nosas necesidades, recortando e pintando.

Cando todo o material que precisabamos estivo listo, xuntámonos no patio da escola para compoñer a nosa obra de arte ao grande. Foi moi divertido ir creando o deseño coas botellas, os iogures, os tapóns de cores e os tubos de cartón mentres loitábamos contra o vento que unha e outra vez levantaba as cousas polo aire... Pero finalmente conseguimos rematar a nosa creación e fixemos unha foto dende o alto para poder apreciala enteira...



O noso benquerido Papirus é o protagonista da nosa obra de arte, vai montado nun barco recollendo o lixo que atopa no mar.

Decidimos enviar a fotografía do noso traballo ao concurso escolar que Giotto convocaba baixo o lema "Crecer reinventando" un certame que anima a traballar a creatividade vinculándoa coa reciclaxe, e cal foi a nosa sopresa cando esta semana nos comunicaron que acadamos o primeiro premio do certame dotado dun lote de material escolar valorado en 700€.



A noticia do premio foi recollida pola prensa, hoxe na aula vímonos no xornal, "profe somos nosotros, y nuestro Papirus!!!!" limos no xornal o que dicían sobre nós e a nosa obra. Encantounos!!!
Podedes acceder á noticia premendo na imaxe


Segundo nos comunicaron, no mes de xaneiro enviarannos o lote de materiais do premio, e aínda que nos costou un pouco entender como era iso de que nos ían dar material escolar por valor de 700€, estamos desexando que cheguen esas caixas para abrilas e ver todo o que nos mandan "haberá rotuladores?? e purpu profe, van mandar purpu?? seguro que mandan témpera de todas as cores..."

Os trasnos e as profes estamos encantados por este premio que é de todos e todas os trasnos e tamén das súas familias que colaboraron con nós na recollida de materiais de refugallo e axudánronnos a poder levalo a cabo demostrando unha vez máis que somos un gran equipo!!

Ningún comentario: