12 de decembro de 2018

Noa é a protagonista!!

Esta semana Noa é a protagonita na clase da porfe María e como actividade especial na súa semana quixo convidar á escola a súa familia!!

Os trasnos coñecemos a mamá de Noa que se chama Amalia, ao seu papá que se chama Iñaki, a súa irmá Kidist e a Suave, un precioso coello gris e branco que é un membro máis da familia.

Con Noa e a súa familia aprendemos moitas cousas!

Amalia falounos do seu traballo, é enfermeira, puxo o seu uniforme de enfermeira e convidounos a encaiolar a perna da boneca de Ramonita, unha boneca que é tan grande coma nós!! Con auga tivia e unhas vendas especiais fomos escaiolando a perna da boneca e logo deixamos a secar, cando estea dura coma unha pedra poderemos pintar na escaiola!! Tamén aprendemos a vendar os brazos ou mans que temos mancados e algúns de nós animámonos a vendar os nosos brazos!

Noa repartiu para nós algúns dos elementos que usa Amalia no seu traballo, gorros, mascarillas e xiringas, xa podemos xogar a ser enfermeiros na casa!!

Logo foi a quenda de Iñaki, que nos convidou a saír ao patio para falarnos do seu traballo. Iñaki é mergullador!! Contounos que a auga do mar está un pouco fría e que por iso ten que usar un traxe especial de mergullo, vestiu o traxe para nós e quedamos alucinados!! Ensinounos as gafas, o tubo e a botella na que leva aire para poder respirar debaixo da auga. Tamén vimos unhas pedras moi pesadas que se chaman plomos e que Iñaki pon no cinto do traxe para que lle axuden a chegar ao fondo do mar; porque os animais que pesca viven na area, Iñaki pesca navallas!! Piudemos ver as navallas, tocalas e o que máis nos gustou de todo; puidemos ver como se enterran na area, ao botalas na auga observamos como se poñen de pé e vanse enterrando ata quedar escondidas!!


Que ben o pasamos!! 




Ningún comentario: