Logo de visitar Radio Voz, caemos na conta de que o noso programa de radio tiña que ter un nome, puxémonos a pensar, recollemos as aportacións de todas e todos e decidimos escoller o nome do noso programa mediante unha votación formal na que constituímos unha mesa electoral que contaba cun censo e na que cada votante tivo que identificarse para poder exercer o seu dereito a voto.
Cando todas e todos votamos a nosa opción preferida, fixemos un reconto e comprobamos que o número de votos emitidos coincidía co total de votantes marcados no censo, como todo estaba correcto reflectimos a modo de acta nunha ficha todo o proceso, rexistrando cada opción co número de votos obtidos, o reconto final e o nome elexido por maioría.

Na aula da profe María o programa de radio terá como título "Radio Trasnos" e na aula da profe Cris o programa levará como nome "Radio Papirus"
Ademáis do nome, o noso programa de radio precisaba unha imaxe que o identificara "profe como Radio BuleBule, que ten letras e un redondel..." "hay que ponerlo en la pared y en los micrófonos" Na procura dos logotipos para os nosos programas de radio puxémonos a crear; desta volta todas e todos participamos e cada un de nós creou un logo para "Radio Trasnos" e outro para "Radio Papirus"
Para escoller o logotipo de cada programa, espuxemos todas as creacións no ximnasio do cole e cada un de nós escolleu a súa opción preferida colocando enriba dela un cubo.


Na escolla do logotipo de Radio Trasnos a nosa elección estaba clara
Pero no caso do logotipo de Radio Papirus había tres opcións moi igualadas polo que decidimos facer unha segunda volta entre esas tres para decidir.






Ningún comentario:
Publicar un comentario