Hoxe as
trasniñas e trasniños fomos de visita a Radio Pontevedra cadena SER. Alí percorremos as
instalacións e coñecemos de primeira man como organizan e distribúen o traballo
do día a día, aprendemos unha morea de cousas: técnicas de respiración, a
posición correcta, a distancia e colocación do micro e os diferentes xestos que
lle temos que facer a o técnico de son cando estamos gravando.
Ademáis todas e
todos xuntos gravamos un conto sonoro e participamos en directo no programa La
opinión.
Queremos
agradecer a todo o equipo de Radio Pontevedra polo seu trato, profesionalidade
e cariño, especialmente a Mamen Hermida e a Luz Espiño, foi unha experiencia marabillosa.
22 de xaneiro de 2026
Imos a Radio Pontevedra
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario