16 de febreiro de 2024

As mascotas olímpicas

 Hoxe os trasniños e as trasniñas recibimos unha nova mensaxe de Papirus


Da man de Papirus descubrimos outro dos sinais de identidade das olimpíadas, A MASCOTA OLÍMPICA!


Coñecemos a Cobi, Vinicius, Mitatowa, Wenlock, Phriges, e decidimos aceptar a proposta do noso benquerido polbiño de ser a mascotas das nosas olimpíadas.

Na súa caixa, Papirus deixounos pintura morada e uns papeis para que fixeramos a nosa mascota, tiñamos que facer un gran Papirus!!


E puxémonos a traballar, pintamos de morado as pezas da cabeza e os tentáculos.



Reutilizamos follas de xornais para facer bolas de papel e encher o cabezón de Papirus con elas, para que estivera ben gordiño.



con cartolina e papel fixemos os ollos, unimos a cabeza aos tentáculos


e penduramos a nosa mascota no noso recanto olímpico!!



Ningún comentario: