Cando chegamos nos colocamos na nosa liña e entramos coas profes nas nosas aulas.
Vaia!!!!! "Profe temos percheiros novos", "estou no equipo dos koalas", "estamos xuntos no equipo", "falta o equipo dos dinos"....
Despois dos reencontros e ver as novidades da clase porfin nos sentamos na asamblea para pasar lista e contarnos o que cada un de nós fixo todo este tempo.
Na clase da profe Cris había novidades, os nosos amiguiños Iara, Nora e Ander xa non están no cole, pero.....Carla e Enzo son dous novos trasniñ@s que compartirán con nós as nosas aventuras.
Tiñamos moitas ganas de comenzar, xogamos nos equipos novos cos amigos e as amigas, merendamos e saímos ao patio a pintar coas tizas e a pasalo moi moi ben.
Foi un día fantástico!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario