Papirus pediunos que percorreramos o cole para comprobar luces, portas e billas e apagar e pechar todo o que non fose necesario e así aforrar enerxía.
Moi moi emocionad@s, revisamos os baños, o ximnasio, a biblioteca, as aulas, as portas de entrada e saída......
Co traballo feito voltamos a clase e pegamos o noso selo no carné
Era o último selo... só nos quedaba agardar á maxia de Papirus para converternos en superheroes e superheroínas....
E á volta do patio chegou a maxia.... unha imaxe de Papirus na pizarra máxica!!! Que emoción!!!!
- Profe é un video.. dálle dálle!!!
Queredes ver o que pasou???
Grazas ao noso esforzo e compromiso hoxe convertémonos en superheroes e superheroínas comprometid@s co noso planeta, a culminación das dez misións nas que, da man de Papirus aprendemos moito, moito, moito...
Foi una aventura fantástica coa que ao longo deste segundo trimestre traballamos os distintos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). O noso compromiso co planeta é firme, estamos dispost@as a traballar día a día para ter un mundo mellor!







1 comentario:
Noraboa Superheroes e Superheroínas comprometidos co noso planeta! Fixestes un traballo fantástico! Estou moi orgulloso de vós, dos trasniños e trasniñas!
Publicar un comentario