12 de marzo de 2021

MISIÓN 9: PLANTAMOS

                                                      Recordades as fabas que nos deixou Papirus na Misión 6?
As metimos nuns vasiños de iogur envoltas nun algodón mollado e as deixamos á luz durante todos estos días, cada día comprobamos se o algodón seguía mollado ou tiñamos que botarlle auga.

Hoxe, á volta do recreo, Papirus enviounos unha mensaxe, avisounos que as nosas fabas xa xermolaran e estaban preparadas para que as plantasemos en terra!!!!
Collimos os nosos vasiños e.... vaia pasada!!! de cada faba saía como un brazo branco e longo.


A nosa trasniña Naia trouxo pola mañá un gran saco de terra, así que aproveitamos e saimos ao patio para converter os nosos vasiños  na casiña dunha planta.

Primeiro os encargados de cada clase, e despois por equipos, buscamos o noso vasiño, sacamos as fabas do algodón e botamos un pouquichiño de terra.
Despois plantamos as tres fabas xermoladas e as tapamos novamente con terra.
Cando os vasiños estaban enchidos soamente quedaba regar!!!! Collimos o pulverizador e mollamos ben a terra. 

Con todos os vasiños listos soamente faltaba unha cousa para completar a misión. Pegar o selo número 9 no noso carné de superhéroes e superheroínas comprometidos polo planeta.


A misión de Papirus de hoxe pretende observar como xermola unha semente e o ciclo da vida dunha planta; une os ODS " Producción e consumo responsable", "vida de ecosistemas terrestres" e "acción polo clima".

Agora temos que estar moi moi atentas e atentos as nosas fabas para que non lles falte luz e auga. Conseguiremos que se convertan nunhas fermosas plantiñas???? Estade moi atent@s, nos vindeiros días saberémolo. 

Ningún comentario: