26 de febreiro de 2021

MISIÓN 5: REUTILIZAMOS

Siiii, hoxe pola mañá, cando chegamos á clase tiñamos a caixiña de Papirus, esa caixa con peixiños que Papirus deixa cando ten unha nova misión para nós!!!!

A semana pasada os trasnos recibimos unha mensaxe, un vídeo no que Papirus animábanos a gardar os tubos de papel hixiénico e os envases de iogur; no canto de tiralos ao lixo íamos a darlles unha nova vida, a reutilizalos na nosa seguinte misión. Soamente tiñamos que conseguir un rolo de papel e un envase para cada un de nós...


Onte conseguimos ter os 15 tubos de papel, así que hoxe descubrimos a MISIÓN 5: tiñamos que converter un rolo de papel en Papirus. Foi tan emocionante que nos puxemos mans a obra.




Primeiro tiñamos que facerlle a cabeza. Cun anaco de papel fixemos unha boliña, apertando moi forte para que non se desmontara. Con moito coidado a colocamos dentro do tubo e pintámolo todo coa cor do noso polbiño favorito.





Despois, coa pintura xa seca buscamos dous ollos que fosen iguais, os pegamos e debuxamos unha boca cun sorriso enorme.

Faltaba decorar os raxos de Papirus, oito pegatinas de "brilli brilli" facían de ventosas nos tentáculos do noso polbiño. 
















Papirus xa estaba rematado!!!!




Noraboa superheroínas e superhéroes compremetidos co noso planeta, hoxe conseguimos un novo selo para pegar no noso carné.









En canto teñamos os envases de iogur ben seguro que Papirus envíanos unha nova misión!!!

Ningún comentario: