26 de febreiro de 2021

ANIVERSARIOS!

Hoxe tivemos festa na escola; os nosos amiguiñ@s Ander e Nora estiveron de aniversario o pasado mes de decembro, pero non o puideron festexar cos seus compis do cole ata hoxe. Tiñamos moitas ganas de cantarlles o parabéns, soprar as candeas, bailar e cantar que xa temos 3 anos!!!!







Na clase da profe María, a nosa trasniña Noa cumpriu 4 anos neste mes de febreiro; tiñamos que festexalo por todo o alto. Noa preparou o mantel, o cartel de PARABÉNS e puxo nun boliño as 4 candeas que soprou con moita moita forza. 

 

PARABÉNS TRASNIÑAS E TRASNIÑO!!!

Ningún comentario: