12 de xuño de 2020

Cazando ao 9

Na proposta de hoxe queremos seguir practicando e afianzando a descomposición dos números e a súa grafía, o cálculo mental e a suma.

Os trasniños escribirán números do 1 ao 9 (ou se queren poden meter tamén o número 0) ao chou nun papel.

Cando o teñamos listo é o turno de coller o noso rotu cazanúmeros. Un rotu máxico que ten que ir agrupando (metendo no mesmo saquiño) os números que xuntiños suman 9, atención NIN UN MÁIS NIN UN MENOS!!! TEÑEN QUE SUMAR 9!!!!


Para os números que queden moi separados e non sexamos quen de metelos no mesmo saquiño, podemos colorealos iguáis, ou facerlles marcas iguáis aos do mesmo equipo.!!!

Ollade, os rotus cazanúmeros funcionan fenomenal!!!!Noraboa

Ningún comentario: