24 de maio de 2019

Martina é a prota

Esta semana Martina é a prota na aula da profe Cris; Durante toda a semana Martina fixo as tarefas propias dos encargados como pasar lista, escribir o seu nome e debuxarse no encerado, escoller as pinzas, repartir os mantéis… para rematar a sua semana especial, hoxe convidou a sua mami Lorena e ao seu irmán Marco, que pasaron un anaquiño de tempo con nós.






Despois de leer tres dos contos favoritos de Martina: limón,violín e zapato da editorial kalandraka, chegaba o momento da super actuación; Martina cunha guitarra na man, caracterizada como Coco e  axudada por Marco, cantaron, tocaron e bailaron a canción dunha das suas pelis favoritas COCO, nós acompañábamolos dando palmas; foi unna chulada.

Todos e todas fixemos unha foto, que imprimimos e decoramos con pegatas de "brilli brilli" super chulis, para levar de recordo para as nosas casiñas.

Antes de marchar aínda tivemos tempo de bailar todos xuntos e de ver a Marco cantando e bailando un rap.

Moitísimas grazas, pasámolo fenomenal

Ningún comentario: