Esta semana a protagonista na aula da profe María foi Julia Castro!!
Julia pasou lista, repartiu os manteis, escolleu os recantos, encabezou a nosa fila...... e ademáis preparou xunto coa súa familia unha actividade moi moi chula para compartir con todos e todas!
A mamá de Julia chámase Laura e o papá de Julia chámase Javier. Eles estiveron acompañando a Julia o xoves na escola pero non viñeron sós, trouxeron con eles a Pichi, o sapoconcho que vive con eles na casa e ao que Julia coida con tanto agarimo. Todas e todos coñecemos a Pichi, descubrimos que come, que hai que facer para coidalo e descubrimos tamén que lle gusta moito escalar, esconderse e meterse detrás da palmeira que ten na súa casa!!!
Logo de coñecer e observar a Pichi, Laura, Javier e Julia desplegaron na nosa alfombra un taboleiro enormeeeee. Cal foi a nosa sorpresa cando descubrimos nel a Papirus e aos sete trasniños!!! que chulada!!
Julia e a súa familia convidáronnos a xogar e presentáronnos a un robot moi gracioso que falaba e andaba só seguindo as nosas instruccións. Con axuda de Javier e Julia todas e todos puidemos xogar co robot marcandolle o camiño que tiña que seguir nas súas flechas "dúas para adiante, xiro... e dámoslle ao OK" que marabilla ver como o robot cumplia coas nosas peticións e movíase só polo taboleiro!!! Coa colaboración de todos e todas conseguimos chegar ao final do taboleiro onde estaba agardando Papirus!!!
Pero ademáis de co robot o taboleiro que fixo Julia e a súa familia valeunos para facer un xogo de mesa super divertido!! Fixemos 5 equipos e colocámonos ao redor do taboleiro. Julia repartiu uns patiños de goma a modo de fichas e uns dados enormeeeeeesss.. e comezamos a xogar avanzando as casillas que marcaba o dado e escoitando atentamente o que Laura nos lía cando caiamos nunha casilla especial.
Foi super divertido!!!
Ao rematar o xogo Julia repartiunos unha medalla para cada un de nós como gañadoras e gañadores e tamén un delicioso ovo de chocolate que zampamos ao momento. Ademáis regaláronnos para a biblioteca da aula un conto de buscar, no que os protagonistas son os pitufos!!!
Moitas grazas pola visita familia, pasámolo fenomenal!!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario