Esta semana, na aula da profe Cris, tocóulle o turno a Naara; todos os días a nosa amiguiña é a encargada dunha morea de cousas como pasar lista, contar cantos estamos no cole e cantos quedaron na casa, formar palabras coas letras do seu nome, repartir os manteis da merenda, escoller as pinzas ou ir de primeira na fila.
Hoxe Naara convidou a o seu papi, Arnaldo; primeiro Arnaldo e Naara nos falaron das cousas que fan cando estan xuntiños, ir a animar a papi aos partidos de fútbol, xogar co seu can, CUCA, que está nunha finca coidando dos cabalos ou ir de paseo ao lago de Castiñeiras.
Despois contáronnos un dos contos favoritos de Naara "La canción de pirata", un clásico adapatado da poesía de Espronceda.
Con el coñecimos as partes do barco pirata e o noso amiguiño el "Temido". Moitas grazas Arnaldo e Naara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario