28 de marzo de 2019

Mariña é a protagonista!!

Esta semana a protagonista na clase da profe María é a nosa amiga Mariña, e como parte das actividades a desenvolver dentro da súa semana especial na escola; quixo convidar ao seu papi Roberto e a súa mami María José para que viñeran pasar un anaco de tempo con nós.



Da man de Mariña e a súa familia descubrimos unha chea de cousas interesantísimas. O papá de Mariña ten un traballo moi moi especial, é vixiante nunha illa, na illa de Sálvora, unha illa que está moi preto de nós e que podemos ver ao lonxe no mar se paseamos por Pescadoira.

Roberto contounos moitas cousas da illa, como é, como fai para chegar ao seu traballo e que cando está traballando está el só en toda a illa!!! Ensinounos a súa casa alí que é un faro de Mariña contounos onde durme cando vai visitar ao seu papi.

Descubrimos algúns dos animais que viven en Sálvora, chocos, estrelas de mar, paxaros, lagartos, lontras, e moitos moitos coellos.

Demáis de coidar a illa o traballo de Roberto tamén é facer de guía das persoas que van de visita, ensinalles Sálvora e cóntalle historias ben fermosas coma a da Serea Mariña á que lle gusta nadar ao redor da illa e que ten unha escultura moi grande ou a o enorme cachalote que chocou contra unha rocha e perdeu algúns dos seus dentes... Ademáis de escoitar as historias vimos unha foto da escultura da serea Mariña e puidemos ver e tocar os enormes dentes do cachalote!

María José, Roberto e Mariña presentáronnos a Pepa, unha corva mariña á que non lle gustaba mergullarse, e contáronnos a súa historia no conto "Chímpate, Pepa!" Logo do conto Mariña repartiu para todas e todos un debuxo de Pepa para que o pintaramos e levalo de recordo a casa e tamén uns fermosos animaliños de fieltro que fixo coa axuda da súa tía e que podemos usar como monicreques de dedo ou para decorar os nosos lápices!




Encantounos descubrir a illa de Sálvora e os seus segredos, xa temos ganas de poder ir visitala!!






Ningún comentario: