Hoxe a sua mami Fany e o seu papi Rafa, viñeron ao cole a pasar un ratiño moi divertido con todos e todas nós.
Quixeron aproveitar que mañá, 14 de febreiro, é o día dos namorados; como todos e todas temos moita xente que nos quere moito e nós, queremos a moita xente fixemos un colar cun corazón vermello chulísimo. Primeiro Luca repartiunos un corazón ao que lle fixemos os buraquiños apretando forte pero con moito coidado para que non rompese, despois metemos un pedaciño de lá, que o noso prota cortaba para cada un de nós, e coa axuda dos papis de Luca atábamos cun nudo moi forte.
Antes de marchar contáronnos un dos contos favoritos de Luca, da colección de "mis amigos los animales" e buscamos os animais que estaban agochados.
Moitísmias grazas, pasámolo fenomenal!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario