8 de febreiro de 2019

Adri é o prota!!!

Esta semana Adri foi o prota e o encargado de pasar lista, ir o primeiro na fila, repartir os manteis….,tiñamos debuxada a súa familia no noso calendario hoxe, o venres 8 de xaneiro, e porfin….. chegou o día!!!! Emma, Jose  e Rosa estiveron con nós no cole.

Emma contounos un dos contos favoritos de Adri "Sonidos de la Sábana", en cada páxina aparecía un animal agochado, escoitando a información que contaba Emma e o sonido que pulsaba Adrián tiñamos que averiguar que animal estaba detrás da solapa.

Algúns foron sinxelos como o león, pero noutros, como no babuíno, tivo que axudarnos Adri, porque eran un pouco máis difíciles.


Despois os catro ensináronnos e contáronnos na pizarra máxica unha proxección con fotos de cando Adrián era bebe, da súa pequena e gran familia, das súas viaxes, das caminatas que tanto lles gusta facer polo monte……

Antes de marchar regaláronnos un debuxo para colorear de animais.

Foi unha mañana fantástica, moitas grazas familia.




Ningún comentario: