Esta semana tocóulle a Alexis ser o prota na aula da profe Cris; O que máis lle gusta a Alexis son os animais, especialmente os animais mariños, así que hoxe a sua mami Leti, o seu pai, Héctor e o seu irmán Marco, estiveron con nós no cole e trouxeron unha tartaruga e un delfín de xoguete, e un acuario feito por eles.
O acuario estaba pintado con pincel e tiña area que foron a buscar á praia; os peixes colgaban e podíamos movelos de arriba-abaixo como se estivesen nadando polo mar. O mellor de todo é que Alexis quixo compartir o seu acuario e deixóuno no cole para xogar no recuncho da pinza laranxa.
Alexis contounos que en setembro fixo unha viaxe coa sua familia e visitou o zoo de Madrid, ensinounos as fotos dos animáis que viron, había pingüíns, rinocerontes, focas, búfalos, osos panda.... pero o que máis lle gustou a Alexis foi o espectáculo de leóns mariños e de delfíns; Vimos os videos e alucinamos coa de cousas que saben facer;
Antes de marchar Alexis repartiulle aos seus amigos un animal de papiroflexia para levar de recordo da súa semana do protagonista.
Pasámolo fenomenal; moitas grazas familia
Ningún comentario:
Publicar un comentario