Alexandra e Maica trouxeron unha chea de sorpresas. Como saben que nos gusta moito cantar ensináronnos unha canción de nadal moi marchosa "El burrito sabanero" cantámola e signámola seguindo este video que puxemos na pizarra máxica.
Logo de cantar e signar Maica contounos que lle escribiu a Papa Noel para contarlle que ía vir á escola a pasar un anaco de tempo con nós e Papa Noel contestoulle cun correo electrónico que incluía un video para todas e todos... se queredes ver o video clicade na seguinte imaxe....

Papa Noel pediunos no seu vídeo un debuxo así que utilizando as fermosas follas para debuxar que nos repartiron Alexandra e Maica, puxémonos a traballar. Algúns de nós pedímoslle a Maica que mandara as nosas obras de arte a Papa Noel, outros.... decidimos levalos para casa e poñelos na árbore para que Papá Noel os recolla cando pase polas nosas casas este nadal.
Que ben o pasamos!!!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario