Hoxe foi un gran día para os trasniños e trasniñas...puidemos cumplir un desexo... ir á illa de Ons!!!
Lembrádevos de Martiño?? o corvo mariño que fixemos para participar no concurso escolar das Illas Atlánticas?
Ao xurado gustoulles tanto o noso traballo que nos concederon un premio: poder visitar a casa de Martiño na Illa de Ons!!E hoxe foi o día de disfrutar da visita a Illa de Ons!! unha xornada inesquecible onde camiñamos, investigamos, descubrimos, xogamos, rimos, bailamos e pasámolo xenial!!
Grazas ao persoal do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas por este premio e pola súa implicación e bo traballo para facer desta xornada un día máxico.
E queremos agradecer de todo corazón á familia do noso trasniño Saúl que nos acolleu na Illa facéndonos sentir coma na casa, sodes fantásticos!!! Moitísimas grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario