23 de abril de 2026

Un día en Serantellos

Este martes as trasniñas e os trasniños fomos ata a granxaescola Serantellos, en Cambados, para desfrutar dun día cheo de actividades e moita moita diversión grazas ao programa VIVE O RURAL da Deputación de Pontevedra.

Con José e Raquel, os nosos super guías, descubrimos os mamíferos e as aves da granxa e profundamos nas características e coidados de cada especie: porcos, vacas, cobaias, coellos, aves.... Puidemos abrazalos, acariñalos, darlles de comer, duchalos e mesmo sentir como facían pis e caca....

Os monitores da granxa tiñan preparado para nós un obradoiro de pan artesanal, no que fixemos todo o proceso: moler, peneirar, amasar, cocer e..... papar!!!

Ademáis coñecemos a súa horta ecolóxica onde plantamos cabazas e xirasois e elaboramos bolsiñas de sementes de distintas especies para poder prantar na nosa horta.

Queredes ver o ben que o pasamos? foi un día xenial!!!

Ningún comentario: