6 de marzo de 2026

8M

Este domingo, 8 DE MARZO, conmemórase o día internacional da MULLER, e nós, as trasniñas e trasniños de mulleres sabemos moito, así que decimos facerlle unha homenaxe a unha muller especial para cada un de nós.

Escollemos un marco chuli e pensando na nosa muller especial fixémoslle un gran retrato; despois pintamos a nosa man de morado e cunha morea de corazóns construímos una preciosa flor e unhas bolboretas.

Por esas nais que dan bicos e nos levan ao parque, polas avoas coas que durmimos e que tan rico cociñan, polas tías, as grandes amigas coas que xogamos horas e horas, polas madriñas ás que tantas risas e cariño lles debemos e polas nosas irmás, as que sempre están ahí, por todas elas, por todas as trasniñas e mulleres do mundo, porque sen vos a vida non sería igual. 


GRAZAS A TODAS

Ningún comentario: