28 de marzo de 2025

AMARO E THIAGO SON OS PROTAS

Esta semana Thiago Gómez e Amaro foron os protagonistas nas aulas das trasniñas e dos trasniños.

O pai de Thiago traballa nunha batea, de onde saen uns mexillóns deliciosos. Thiago e a súa familia fixeron unha réplica dunha batea para poder explicar como funciona e os elementos dos que se compón. 

E a avoa de Thiago veu ao cole a ensinarnos a facer pompas xigantes coas mans!!

 

 O pai de Amaro ten unha empresa de solucións gráficas, e convidounos ao seu traballo para ensinarnos todo o proceso e creación de pegatas, cartelería e todo tipo de obxectos que podamos imaxinar. 

   

A nai de Amaro ensinounos en que consitía o seu traballo ao longo de toda a xornada grabando, facendo entrevistas e montando un vídeo chulísimo que vos deixamos para que disfrutedes tanto coma nós.

 


 Moitas grazas familias!!!


1 comentario:

Anónimo dixo...

Gran día profes!