25 de outubro de 2024

O día das bibliotecas escolares. O aniversario de Papirus!!!

Hoxe foi un día moi especial para as trasniñas e os trasniños e tamén para as súas profes, tiñámolo marcado no calendario, estábamos convidados ao Bibliocastelo para asistir ao aniversario de Papirus!!

Papirus enviounos un convite e contounos que no seu bibliocastelo nos recibiría o alumnado de 2º de primaria para converterse nos nosos padriños e madriñas lectores. Que ben!! poderemos reencontrarnos cos nenos e nenas que foron trasnos hai uns anos!! E tamén con algúns irmáns!!

Preparamos con moito agarimo unhas pulseiras como agasallo e con moita ilusión puxemos rumbo ao Bibliocastelo, alí quedamos abraiadas e abraiados co que nos tiñan preparado!!! Mirade...




Queremos agradecer a Papirus o seu convite e as mestras e alumnado de segundo que nos acolleran e nos agasallaran coa súa arte.


Moitísimas grazas, foi moi emocionante poder estar todas e todos xuntos!!!


Ningún comentario: