3 de febreiro de 2024

Lúa quere viaxar a... Marte

Esta semana as trasniñas e trasniños puidemos desfrutar dun contacontos chulísimo  "Lúa quere vixar a... Marte"

Lúa, unha gatiña branca, non está disposta a renunciar ao seu soño de viaxar a Marte e ser astronauta a pesares das dificultades que atopa no seu camiño. Conseguirá Lúa viaxar a Marte?

Celtia Figueiras, autora do conto, veu cos seus títeres ao noso cole: a gatiña Lúa e o seu amigo o rato; Celtia contounos esta historia que nos fai pensar sobre a igualdade de oportunidades: unha gatiña que quere ser astronauta.

Ao rematar Celtia asinou os nosos

contiños para que sempre lembremos que podemos conseguir todo o que nos propoñamos.


Moitas grazas a Narciso, do Consorcio Galego, e a Celtia Figueiras por facer posible esta actividade; e a todas as familias do cole por agasallar ao alumando con este contiño. 

Ningún comentario: