Os trasniños, as trasniñas e as profes estamos felices!!
O xogo dos trasnos chegou ao cole dende a fábrica e quedamos alucinad@s co resultado, é un xogo de verdade!!!
Ao recibir as primeiras unidades do xogo pensamos a quen poderíamos levarllo... e xurdiu unha idea que nos encantou:
"profe podemos llevárselo a donde están los abuelitos que a mi abuelo le gusta mucho jugar a las cartas"
Puxémonos en contacto cos dous centros de día que temos en Bueu, explicámoslle a nosa proposta de visita para ensinarlles o noso xogo e regalarlle un. No centro de día Contigo e no centro de día Pescadoira aceptaron encantad@s a nosa proposta así que alá fomos.
Foron dúas xornadas fantásticas nas que coñecemos unha chea de personas marabillosas coas que compartimos momentos que xamais esqueceremos.
Queremos agrader a todo o persoal que traballa nos centros de día Contigo e Pescadoira o seu cariño e os seus coidados, e as usuarias e usuarios o seu tempo e os seus sorrisos, foi un verdadeiro prazer coñecervos, compartir e xogar xuntos.
Deixamos nos centros de día o Xogo dos Trasnos e trouxemos a barriga chea de delicioso biscoito, galletas e Chupa Chups, xogos de tres en raia para a escola, divertidas pompas de xabrón e sobre todo a ledicia de tervos coñecido.
Moitísimas Grazas!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario