23 de abril de 2023

Día do libro

Este ano os trasniños e as trasniñas festexamos o día do libro dun xeito moi moi especial; convidamos aos nosos veciños e veciñas da Galiña Azul a vir á Biblio do noso cole para compartir lecturas.

Como queríamos que o día do libro fose especial, preparamos con todo o noso agarimo un agasallo para as nosas e os nosos convidados, pintamos e decoramos uns Papirus para que coñeceran á mascota da nosa biblio que sempre nos está animando a achegarnos aos contos.




Recibimos as convidadas e convidados e xuntos fomos á biblio onde lles contamos e signamos o conto "Animais" foi moi divertido aprender xuntos a contar contos falando coas mans.






Logo exploramos xunt@s a biblioteca e compartimos lecturas



Ensinámoslles as nosas aulas e compartimos xogos


E como despedida entregámoslles o noso agasallo


Foi un día lo libro moi especial. Veciñas e veciños, grazas por vir!

Ningún comentario: