Onte comezou un novo curso.... pola mañá a música soaba no patio, as trasniñas e trasniños chegaban acompañados polas súas familias e cun enorme sorriso na boca reencontrábanse coas profes e algúns amigos e amigas que non viran durante o verán. Tamén coñecimos a Alex, un novo compi que estará na aula da profe Cris, e a profe Marina que será a nosa nova teacher!!!!
Contámonos unha morea de cousiñas que fixemos durante estes meses de verán e bailamos, cantamos, xogamos, pintamos, recortamos, fixemos pulseiras..... cantas ganas tiñámos de volver a estar todos e todas xunt@s!!!!!!
Comeza o noso último ano en infantil!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario