Ao longo destes días traballamos en equipo para decorar as aulas e que o entroido enchera todos os recunchiños do noso cole: colgamos banderíns, pegamos bonecos, disfrazámonos todos os días e trouleamos no patio coa nosa música favorita de festa!!!!
O equipo de dinamización lingüística do cole propuxo un mandadiño co que todas e todas viñemos estes días ao cole para desfrutar un montón.
O martes o mandadiño dicía...... PODES VIR DEREITO DA CAMA, TRAE O COLE O TEU PIXAMA e, por suposto.......
O mércores fundiuse o entroido co día de Rosalía e o mandadiño dicía: HOXE É SEU DÍA, VÉN DE ESCURO, DE VERSO, CANTIGA OU DA MESMÍSIMA ROSALÍA, e... queredes ver o ben que quedamos coas nosas vestimentas e a máscara de Rosalía? tiñamos ata un mouchiño protagonista dun dos poemas de Cantares Gallegos.
O xoves DÍA ARGALLEIRO AS DE VIR DE MASCALLEIRO, camisas de irmáns maiores, saias, blusas, gorros chulis e graciosos... calqueira cousiña das que tiñamos na casa axudaron a que os nosos disfraces fosen moi moi divertidos
E... por fin chegou o día máis esperado polos trasniñ@s!!!! o Venres TRAE O DISFRACE QUE QUEIRAS, ADIVIÑAREMOS A QUEN SEMELLAS
Fixemos unha gran festa no cole na que non podía faltar un súper desfile no patio cos nosos veciños e veciñas para ensinarlles a todos e todas o disfraz escollido por cada un... Elsa, Spiderman, Hulk, batwoman, médicos.... ninguén quixo perder a festa rachada que fixemos hoxe no cole
Fixemos unha super merendola para repoñer forzas na que non faltaron orellas, filloas e unha morea de lambetadas que estaban deliciosas, bailamos, cantamos e tivemos a gran sorte de desfrutar da comparsa OS MULOS, moitísimas grazas por vir ao noso cole e acompañarnos neste díade festa!
Foi unha semana súper divertida, pasámolo moi moi ben!!!! E todo grazas a vosa colaboración, moitísimas grazas familias por axudarnos a que este entroido fose xenial!!!
Pasade un entroido marabilloso, vémonos o xoves 3 de marzo!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario